2/6/09

A caída de Ícaro


La caída de Ícaro Jacob Peter Gowy

O Mito da Caída de Ícaro:

Na mitoloxía grega, Ícaro era fillo do arquitecto Dédalo, constructor do labirinto de Creta. Ambos foron pechados nunha torre de Creta polo rei da illa, Minos. Dédalo ideou un plan para escapar e púxose a traballar para fabricar ás para el e para o seu fillo Ícaro. Cando ambos estiveron preparados para voar, Dédalo advirtiu a Ícaro que non voase demasiado alto porque o calor do sol derretiría a cera, nin demasiado baixo porque a escuma do mar mollaría as ás e non podría voar. Estaban próximos a Lebintos, e, entón o intempestivo Ícaro, ascendeu máis do debido. O sol derritiu a cera das ás de Ícaro e éste caeu ao mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario